Acceso Usuarios



O proxecto de Inventario de Actividades Económicas do Concello da Coruña xorde ante a necesidade de dispoñer dun repositorio común de información actualizada en relación co exercicio das actividades económicas na cidade.

Trátase dun proxecto estratéxico para a cidade que permitirá un maior e mellor coñecemento da realidade da nosa actividade económica. Á súa finalización, as autoridades locais terán á súa disposición unha importante ferramenta para a toma de decisións respecto á realidade municipal, como a planificación de iniciativas destinadas a empresas, pemes e profesionais, o desenvolvemento de plans de dinamización e promoción económica en sectores afectados pola crise, a elaboración de plans sectoriais para a minimización da incidencia ambiental, a mellora das políticas de mobilidade, de accesibilidade dos servizos básicos, etc. O proxecto facilitará, en definitiva, traballar sobre a densidade, compactidade, complexidade e eficiencia das nosas estruturas urbanas, en busca da sostibilidade.

Ao termo do proxecto poñerase, así mesmo, toda a oferta de produtos e servizos profesionais a disposición do cidadán cun alcance nunca antes coñecido.

O inventario a realizar será exhaustivo, pois se estende, por unha parte, á totalidade do territorio municipal, e, por outra, á totalidade das actividades económicas presentes nel, independentemente da súa envergadura e do seu carácter público ou privado, así como aos locais e recintos que, sendo susceptibles do seu uso para o desenvolvemento de actividades económicas, se encontran sen actividade, sexa porque cesou esta ou ben porque non se exerceu ata a data.

Na recollida e procesado da información farase uso. Os datos manuscritos polo persoal de campo nun formulario tradicional serán procesados dixitalmente, para ser enviados a continuación utilizando un terminal móbil a un repositorio centralizado dende o que se xestionará a información recollida. Para iso farase uso de bolígrafo e papel dixital, que permitirán a captura, almacenamento e envío da información encriptar de xeito simple e inmediato.

 
Descarga Formulario

Accesibilidad validada por www.achecker.ca CSS validado por W3C HTML validado por W3C