Con vistas á obtención dos obxectivos propostos dentro do marco do proxecto "Inventario Actividades Económicas", deseñáronse as seguintes fases de execución deste. A continuación coméntanse de forma resumida cada unha delas:
- Fase I: Traballos Previos: Nesta fase desenvolveranse as tarefas necesarias para a posta en marcha do proxecto. Como resultado desta dispoñeranse dos seguintes documentos:
- Modelo de cuestionario a empregar: Deseñarase o modelo de cuestionario sobre a base da información que resulte necesaria obter para a análise e resultado do proxecto.
- Establecemiento dos recursos tecnicos e humanos: Estableceranse os recursos humanos dedicados ao proxecto, realizando a formación necesaria para a execución das actividades de campo. Así mesmo poñeranse a disposición os medios técnicos necesarios para a automatización da información recollida en campo, así como sistemas para a difusión do proxecto (paxina web) e sistemas para o albergue da información.
- Deseño da proba piloto: Establecerase o numero de actividades económicas a mostrar na seguinte fase do proxecto atendendo a diversos criterios tales como localización, tipo de actividade, etc...
- Fase II: Mostra Piloto: Nesta fase realizaranse traballos de campo sobre un universo finito de actividades económicas co obxectivo de determinar e poder estimar o deseño do formulario respecto á totalidade das actividades de campo. Como resultado desta fase dispoñeranse dos seguintes documentos:
- Informe final de resultados proba piloto: Informe que mostrará os índices de resposta das actividades económicas mostradas nesta fase en función dos criterios seleccionados na fase de deseño. Por outro lado, permitirá estimar os traballos a realizar na seguinte fase, identificando de forma estatística, os inconvenientes que se poidan ocasionar.
- Informe de modificacion do cuestionario: Sobre a base dos resultados do informe final de proba piloto, documentaranse as modificacións que se consideren oportunas realizar sobre o cuestionario de cara a unha mellor obtención da información.
- Fase III: Traballo de Campo: Nesta fase, realizaranse visitas polos axentes de campo á totalidade das actividades económicas do termo municipal da Coruña. O obxectivo desta fase non é outro que solicitar toda a información posible das devanditas actividades para o seu posterior envorcado ao sistema de inventario.
- Fase IV: Análisis Territoriais e Obtención de indicadores: Cos datos obtidos das fases anteriores procederase á análise da información obtida dende diferentes puntos de vista. Elaboraranse indicadores que permitan coñecer a complexidade do tecido empresarial, a porcentaxe de locais existentes,etc... Esta información será analizada mediante o uso de ferramentas GIS que permitirán visualizar sobre mapas as análises realizadas.
- Fase V: Interpretacion de resultados e elaboración de informe final: Partindo das análises realizadas na fase anterior, elaborarase un informe final onde se mostrarán as conclusións do proxecto a partir dos obxectivos establecidos para o proxecto. Por ultimo, elaborarase unha guía de produtos e servizos que incluirá a todas aquelas actividades económicas que despois de participar no proxecto, manifesten o seu interese en figurar na devandita guía.

