Acceso Usuarios



Nesta etapa realizaranse aquelas tarefas que sentarán as bases dos traballos a executar nas seguintes etapas, en concreto, levaranse a cabo as seguintes:

  • Por parte do concello realizarase unha análise de toda a documentación e bases de datos municipais de actividades de maneira que se garanta que os traballos de campo alcancen o 100% das existentes no Concello da Coruña.
  • A partir dos datos obtidos no punto anterior, o concello elaborará un mapa con situacións das actividades económicas que conterá coordenadas x,y e/ou direccións postais de cada actividade económica con indicación do sector de actividade de acordo co seu código CNAE para facilitar a localización de actividades económicas por parte do equipo de campo.
  • Determinación do cuestionario a utilizar nas tarefas de recollida de datos das actividades.
  • Difusión: tarefas de publicidade ou notificación que utilizará o concello para dar a coñecer os labores de inventariado entre os responsables das actividades, co fin de facilitar as devanditas tarefas aos equipos de traballo en campo. O concello levará a cabo a remisión de cartas explicativas a todos os colectivos profesionais e empresariais da cidade, a inserción de anuncios publicitarios nos diarios de maior tirada da cidade e notas de prensa, todos eles con carácter periódico mentres duren os traballos de campo. A devandita comunicación incluirá a solicitude de colaboración, contido da enquisa a realizar, data aproximada e equipo de traballo que a realizará. 
  • Poñerase en marcha un sistema de xestión e resolución de dúbidas ou calquera tipo de problema que poida xurdir entre os afectados polo inventariado de actividades, co fin de que poidan solucionar calquera dificultade que poida xurdir durante o desenvolvemento do estudo.
  • Poñerase igualmente en marcha unha páxina web do proxecto, cuxo obxecto será a información ao público en xeral e a resolución de dúbidas aos interesados no proceso.
  • Desenvolverase unha ferramenta para o inventariado de actividades que permitirá o almacenamento, actualización e a carga masiva dos datos obtidos polos equipos elixidos para a recollida dos datos de campo. A devandita ferramenta permitirá a consecución dos obxectivos previstos neste prego, estará integrada co GIS municipal e cumprirá polo menos os seguintes requisitos:
    • Será de formato web.
    • Contará con sistemas de presentación de datos cartográficos sobre a distribución de actividades no territorio municipal.
    • Deberá estar integrada e conectada á base de datos xeográfica e alfanumérica corporativa, sen que poida producir, en ningún caso, duplicidade de información.
    • Contará cun interface de exportación dos resultados a bases de datos e da información xeográfica a formatos estándar.
    • Permitirá, en cada zona seleccionada, determinar os valores de cada un dos indicadores seleccionados
    • Estará integrada, mediante acceso privado, coa web do proxecto para poder efectuar o seguimento en tempo real dos avances do proxecto.
 
Descarga Formulario

Accesibilidad validada por www.achecker.ca CSS validado por W3C HTML validado por W3C