Acceso Usuarios



Determinarase unha zona piloto representativa da cidade para o desenvolvemento, en fase de probas, dos traballos de campo.

Esta mostra piloto permitirá revisar o cuestionario e os tempos de resposta válida, establecer índices de resposta, mellora dos procedementos de actuación (rutas, axenda, xestión das non respostas etc.).

Así mesmo permitirá avaliar a rapidez da gravación dos datos e a depuración da base de datos para facela máis operativa. Tamén permitirá avaliar a calidade da información de partida, identificar o % de fichas que requiren verificación ou contraste visual por outras vías, como expediente de actividade, proxectos técnicos, inspeccións etc, permitir identificar aqueles items prescindibles, accesibilidade das respostas por tipoloxía da actividade, preclasificación das preguntas e dos perfís que nos darán as respostas (encargado, responsable de mantemento, xerente etc.).
 
Descarga Formulario

Accesibilidad validada por www.achecker.ca CSS validado por W3C HTML validado por W3C