Fase III: Trabajo de Campo
Finalizado a fase de probas, desenvolveranse os traballos de campo ao longo de todo o territorio municipal mediante visitas presenciais á totalidade das actividades económicas existentes no Concello da Coruña, cun universo estimado dunhas 23.000, nas que se solicitarán os datos de cada unha mediante o formulario corrixido segundo as observacións da fase piloto.
Poderase realizar parte da recollida de datos por vía telefónica e/ou mediante as solucións web indicadas con anterioridade, se ben simplemente como apoio, en tarefas de aviso ou para solicitar información previa que facilite os traballos de campo. En ningún caso se obterán por vía telefónica ou web, datos que precisen comprobación visual in situ.
Cada traballador de campo irá provisto dunha acreditación emitida polo Concello da Coruña que o identificará persoalmente e informará do obxecto e fin da recollida de datos.
Os datos obtidos serán sometidos a un escrupuloso control de calidade, cuxa metodoloxía alcanzará como mínimo a un 10% da mostra obtida, verificando así posibles erros na toma de datos que puidesen pasar desapercibidos durante a mostra piloto. En caso de detectarse deficiencias que poñan en perigo os resultados do estudo, realizarase unha análise exhaustiva da totalidade das mostras ata que se corrixan as deficiencias detectadas.