Acceso Usuarios



A metodoloxia empregada para o desenvolvemento do inventario de actividades economicas céntrase nos seguintes bloques temáticos:

metodologia 

 A continuacion descríbense os devanditos bloques tematicos

Traballos Previos: Este bloque ten como obxectivo dotar o proxecto da infraestrutura tecnolóxica necesaria para a súa execución. Como resultado de saída obteranse:

  • Deseño da Encuesta: Elaboración do deseño da enquisa e envorcado desta aos soportes tecnolóxicos a utilizar.
  • Web do Proxecto: Desenvolvemento dunha paxina web de información de proxecto que inclúa ferramentas que permitan facilitar a colaboración dos usuarios finais a través de descarga do formulario de enquisa e obtención de cita previa.
  • Soportes Tecnolóxicos: Dotar o equipo de enquisadores dos soportes tecnolóxicos para a obtención da información.

Recopilación da información: Este bloque ten como obxectivo a recollida da información deseñada na enquisa mediante o uso dos soportes tecnolóxicos. Desenvolverase unha proba piloto na que participasen certas actividades económicas co obxecto de permitir extrapolar os resultado obtidos á totalidade das actividades do municipio. Realizada a devandita proba piloto e analizados os resultados, procederase á recollida da información do resto de actividades económicas do térmo municipal.

Analisise da información: Coa información dispoñible na etapa anterior, procederase á análise desta mediante o uso de ferramentas GIS, elaboración de informes e indicadores.

Presentación de resultados: Por ultimo, xa coa información analizada se procederá á elaboración dun informe final e unha guía de produtos e servizos das actividades económicas que desexen figurar nesta.

 

 
Descarga Formulario

Accesibilidad validada por www.achecker.ca CSS validado por W3C HTML validado por W3C