A paulatina implantación de sistemas informáticos na administración permitiu mellorar dunha forma radical a xestión da información referida ao exercicio das actividades económicas no noso municipio. Non obstante este proceso de dixitalización dos arquivos é relativamente recente.
Trátase polo tanto de obter, non só unha fotografía real do tecido empresarial senón que se elabore unha ferramenta para a planificación das accións e iniciativas que dende o concello se destinen ás empresas, pemes e profesionais.
Os obxectivos primordiais que se pretenden con este proxecto son:
- Planificar e coordinar as actuacións en materia de xestión actividades económicas.
- Obter informacion de todas as actividades existentes na cidade de maneira que permitan coñecer a súa situación dende diferentes puntos de vista: administrativo, xeográfico, laboral, económico, social, arquitectónico, tecnolóxico e ambiental.
- Dispoñer da información necesaria para a aplicación de plans sectoriais para a mellora da incidencia ambiental ou a promoción económica na cidade.
- Monitorización da evolución daquelas políticas que pretenden evitar a segregación e especialización de usos urbanos, reducindo as deficiencias do modelo de mobilidade ou asegurando a accesibilidade a servizos básicos.
- Optimizar a xestión de residuos nas actividades económicas, de acordo coa ordenanza municipal.


